PO-841 | |
---|---|
Identificador | ![]() |
Tipoloxía | Estrada da Rede Primaria Básica |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | ![]() |
Dimensións | |
Lonxitude | 10,08 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | AC-841 Pontevea |
Fin | N-640 A Estrada |
A PO-841[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevea (Teo) e A Estrada. Ten unha lonxitude de 10,08 quilómetros. Iníciase na ponte de Pontevea, sobre o río Ulla, como prolongación da estrada AC-841 no límite provincial de Pontevedra e A Coruña e finaliza nun cruzamento coa N-640 na Estrada.