O Pacto de Estella ou Lizarrako Akordioa en éuscaro, tamén chamado Acordos de Estella, Acordos de Lizarra e posteriormente Acordos de Lizarra-Garazi, foi un acordo político subscrito o 12 de setembro de 1998 na localidade de Estella-Lizarra (Navarra), na Casa de Frai Diego, durante a terceira reunión do Foro de Irlanda, promovido pola coalición nacionalista vasca Herri Batasuna. Este pacto foi asinado polos partidos políticos vascos de carácter nacionalista e Ezker Batua - Berdeak e o Partido Carlista de Euskal Herría, así como distintos sindicatos e asociacións, para tentar dar solución ó chamado "conflito vasco", depositando a soberanía do País Vasco nos propios cidadáns deste territorio.