Pacto Ribbentrop-Molotov | |
---|---|
![]() Joachim von Ribbentrop e Viacheslav Mólotov durante a sinatura do pacto. Molotov está a piques de asinar. Ribbentrop está detrás del, con Stalin á súa esquerda. | |
Data | 23 de agosto de 1939 |
Creación | 23 de agosto de 1939 |
Derogación | 22 de xuño de 1941 (Invasión alemá da URSS) |
Lingua | Alemán e ruso |
Formato | Asinado en papel |
Localización | Moscova, Unión Soviética |
Signatarios | Joachim von Ribbentrop (Alemaña) e Viacheslav Mólotov (Unión Soviética) |
Función | Renovar e establecer a non-agresión mutua e dividir esferas de influencia en Europa Oriental |
O Tratado de Non Agresión entre Alemaña e a Unión Soviética (en alemán: Deutsch-sowjetischer Nichtangriffspakt[1]; en ruso Договор о ненападении между Германией и Советским Союзом[2]) Pacto Ribbentrop-Molotov, ou pacto de non agresión, foi asinado entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética en Moscova polos ministros de Asuntos Exteriores de Alemaña e da Unión Soviética, Joachim von Ribbentrop e Viacheslav Molotov respectivamente.
O pacto rubricouse o 23 de agosto de 1939, pouco antes de iniciarse a Segunda guerra mundial, e despois de que Francia e Gran Bretaña tivesen asinado o pacto de Múnic[3] e sen que se tivese desactivado nunca o pacto Antikomintern, alianza de axuda militar de países pro-fascistas contra a Unión Soviética, asinado en 1936 e renovado en 1941[4].