Palacio de Westminster

Palacio de Westminster
Tipoedificio parlamentario Editar o valor en Wikidata
Parte dePalacio de Westminster, Abadía de Westminster e Igrexa de Santa Margarida Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica inglesa, Gótico perpendicular e arquitectura neogótica Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°29′58″N 0°07′27″O / 51.4994, -0.1242
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres
BoroughCidade de Westminster Editar o valor en Wikidata
Construción
Fundaciónsen valor Editar o valor en Wikidata
Inauguración1342 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie10 ha Editar o valor en Wikidata
Implicados
Arquitecto(s)Charles Barry e Augustus Pugin Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento clasificado como grao I
Data5 de febreiro de 1970
Identificador1226284
Composto por
Big Ben, Salón Westminster e Capela de Santo Estevo Editar o valor en Wikidata
Na rede
parliament.uk… Editar o valor en Wikidata
Twitter: visitparliament Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Palacio de Westminster é o lugar no que se reúnen as dúas cámaras do Parlamento do Reino Unido (a Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns). O palacio atópase situado na beira norte do río Támese en Westminster en Londres, preto doutros edificios gobernamentais en Whitehall. O palacio serviu inicialmente como residencia real, a pesar de que ningún monarca viviu nel dende o século XVI. A maior parte da estrutura actual data do século XIX, data na que o palacio foi reconstruído logo dun incendio en 1834 que destruíu a maior parte do edificio. Os arquitectos responsables da reconstrución do palacio foron Sir Charles Barry e Augustus Pugin. O edificio é un exemplo do estilo neogótico. Unha das características máis senlleiras do palacio é a torre do reloxo, unha atracción turística que aloxa a campá chamada Big Ben, nome asignado erroneamente ao reloxo da torre.

O palacio contén máis de mil habitacións, sendo as máis importantes as correspondentes aos Salóns da Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns. O palacio tamén inclúe salas de reunión, bibliotecas, corredores, comedores, bares e ximnasios. É o lugar onde se realizan importantes cerimonias de estado, das cales a máis importante é a Cerimonia de apertura do Parlamento. O palacio está moi asociado coas dúas Cámaras, tal como o demostran o emprego da palabra "Westminster" para referirse ao "Parlamento". As oficinas dos parlamentarios atópanse en edificios próximos, tales como a Casa Portcullis e os Edificios Norman Shaw.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne