Palau Sant Jordi

Palau Sant Jordi
Datos
Coordenadas41°21′48″N 2°09′09″L / 41.363389, 2.152556
LocalizaciónEspaña Barcelona, España
Construción
Inauguración21 de setembro de 1990
ArquitectoArata Isozaki e Mamoru Kawaguchi
Estadio
Capacidade17 000 espectadores
PropietarioConcello de Barcelona
LocalíaFC Barcelona (ACB) (1990-1992)
Webhttp://palausantjordi.barcelona
Eventos
Xogos Olímpicos de 1992
Eurobasket 1997
Final da Copa Davis (2000, 2009)
Final Four da Euroliga (1998, 2003)
editar datos en Wikidata ]

O Palau Sant Jordi (do catalán: Pazo de San Xurxo) é un recinto cuberto e multifuncional situado na montaña de Montjuïc, en Barcelona , construído con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Está considerado a xoia do chamado "anel olímpico de Montjuïc", que tamén integran instalacións como o Estadio Olímpico Lluís Companys, a Piscina de Saltos de Montjuïc ou as Piscinas Bernat Picornell.

É a instalación olímpica máis utilizada de Barcelona, xa que acolle todo tipo de acontecementos deportivos, espectáculos musicais e teatrais e encontros sociais. Para acontecementos deportivos ten unha capacidade de 16.670 espectadores sentados (habilitando bancadas no fondo sur, que normalmente carece delas)/delas), mentres que para concertos ten unha capacidade máxima superior aos 24.000 espectadores, aínda que as últimas ordenanzas municipais restrinxen as licenzas de uso a un máximo de 17.960 espectadores.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne