Palazzo Vecchio

Palazzo Vecchio
Palazzo Vecchio
Edificio
Tipopalazzo (en) Traducir, colección de arte, atracción turística, museo, museo de arte e sede do goberno local Editar o valor en Wikidata
EstiloArte románica e Arquitectura gótica Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónQuartiere 1 - Centro Histórico de Florença (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Coordenadas43°46′10″N 11°15′22″L / 43.769444444444, 11.256111111111
Equipo
Arquitecto(s)Arnolfo di Cambio Editar o valor en Wikidata
Patrimonio Cultural
Ben cultural de Italia
editar datos en Wikidata ]

O Palazzo Vecchio (traducido ao galego coma Pazo Vello) atópase na Praza da Señoría, en Florencia, Italia. No seu interior, o pazo acolle un museo (Museo dei Ragazzi) no que se expoñen obras de Bronzino, Michelangelo e Giorgio Vasari, entre outros; e tamén as oficinas do Concello da cidade (Comune di Firenze).

Chamado en orixe Palazzo dei Priori ou Palagio Novo, cambiouse o nome polo de "Pazo da Señoría", o organismo principal da República florentina, no século XV. Despois coñeceuse coma "Pazo Ducal", ao establecer alí a súa residencia Cosme I de Medici en 1540. Despois, en 1565, empezaría a chamarse Palazzo Vecchio ao terse mudado Cosme ao Pazo Pitti.

A primeira construción atribúese a Arnolfo di Cambio, que a iniciou en 1299 incorporando a antiga torre de Foraboschi na fachada. Trala morte de Arnolfo, en 1302, o pazo foi rematado por outros artistas, en 1314. A forma exterior do edificio é a dun paralelepípedo, e na fachada principal atópase a Torre de Arnolfo, un dos emblemas da cidade. En 1400 a torre e o xardín interior tiveron que ser reconstruídos, xa que corrían perigo de derrubarse.

Entre as súas estadías máis importantes, sobresae o Salón dos Cincocentos, cuxa decoración mural se encomendou a Leonardo da Vinci (A batalla de Anghiari) e a Michelangelo (A batalla de Cascina). Lamentabelmente, ningunha delas rematou, e as paredes foron cubertas por outros frescos na decoración posterior de Giorgio Vasari.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne