Tipo | xacemento arqueolóxico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque Nacional Palenque ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Palenque, México ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 1.772 ha ![]() | |||
Ben cultural baixo protección especial | ||||
Data | 30 de marzo de 2015 | |||
Patrimonio da Humanidade ![]() | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii), (iii) e (iv) ![]() | |||
Identificador | 411 | |||
Palenque é unha cidade maia situada no estado mexicano de Chiapas, preto do río Usumacinta. É un dos lugares máis importantes desa civilización. En comparación con outras cidades maias, Palenque ten un tamaño mediano: ben menor que Tikal ou Copán, distínguese porén pola súa arquitectura e escultura.
A zona descuberta até 2005 equivale a uns 2,5 km², mais cóidase que non se explorou nin un 10% da superficie total da cidade, ficando aínda máis de mil construcións cubertas pola selva. En 1981, o lugar de Palenque foi designado parque nacional.[1] A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.[2]