Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado de Riverside (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.163 (2020) (731,16 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 24.335 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Inland Empire (pt) (Poboación:4.599.839) | ||||
Superficie | 69,975518 km² | ||||
Auga | 0,7557 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 67 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1973 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 92210, 92211, 92255, 92260, 92261 | ||||
Prefixo telefónico | 760 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | palmdesert.gov |
Palm Desert é unha cidade do condado de Riverside, no estado de California, no val de Coachella (área de Palm Springs), a uns 15 quilómetros ao leste de Palm Springs. Outras cidades no Val Coachella son Cathedral City, Coachella, Desert Hot Springs, Indian Wells, Indio, La Quinta, Palm Springs e Rancho Mirage.
A súa poboación era de 48.445 habitantes no censo do ano 2010. A cidade foi unha das que tivo un maior crecemento no estado durante as décadas dos 80 e 90, comezando con 11.801 habitantes en 1980, dobrando a poboación ata acadar os 23.650 en 1990, e os 35.000 en 1995.