Nome orixinal | (grc) Πάν |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Familia | |
Cónxuxe | Aega |
Parella | Aega Ismenis Eupheme Eco Symaithis |
Fillos | Acis () Symaithis Iynx () Peitho Iambe () Eco Sileno () HermesXea Creaneus () Ismenis Crotus () Eupheme Glaucus () |
Pais | Hermes Zeus e Dryope Calisto Penelope Contumelia Hybris |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Enciclopedia de Otto Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Pan (en lingua grega antiga Πάν) era o deus dos pastores e dos rabaños na mitoloxía grega. Tense por deus da fertilidade e da sexualidade masculina sen freo e asegúrase que se dedicaba a perseguir ninfas ou mozos, indistintamente, polos montes.
A tradición común di que, cando o deus Hermes pastoreaba os rabaños de Dríope, seduciu a unha das súas fillas, tamén chamada Dríope, e dese encontro amoroso naceu o deus Pan. Este tiña a parte superior do corpo de forma humana pero a metade inferior era de macho cabrío, polo que a nai, asustada cando viu o que dera a luz, abandonouno no monte. Sobreviviu porque Hermes o recolleu, o vestiu nunha pel de lebre e o levou ó Olimpo, onde os deuses lle puxeron o nome de Pan por ser fonte de diversión para todos eles, especialmente de Dioniso, pola semellanza con Sileno e os sátiros. Unha variante di que Pan fuxiu ó monte acabado de nacer e Hermes tivo que ir buscalo para levalo ó Olimpo.
Pero tamén se afirma que Pan era fillo de Penélope. Segundo esta versión, na ausencia de Ulises, que non acababa de regresar da Guerra de Troia, Penélope tivo varios amantes[1] ó mesmo tempo e de todos eles preñou á vez. Froito desa preñez nacería Pan, nome que significa fillo de todos. O ben foi que Ulises a repudiou despois de retornar e saber das súas infidelidades, e logo Penélope concibiu a Pan de Hermes, transformado en carneiro[2].
Tamén se di que era fillo de Zeus e de Hibris[3] ou ben de Zeus e Calisto[4].
Finalmente, tamén se di que era fillo dun pastor, chamado Cratis, e unha cabra do seu rabaño. Ou de Hermes coa cabra Amaltea.