Panavia Tornado

Panavia Tornado
Tipomultirrol/ataque
FabricantePanavia Aircraft GmbH
Primeiro voo14 de agosto de 1974
Introducido1979
Estadoen servizo
Produción1979 - 1998
Unidades construídas990

O Panavia Tornado é unha familia de avións de combate multirrol bimotores con á de xeometría variable, desenvolvidos e fabricados conxuntamente por Italia, Reino Unido e Alemaña occidental. Hai tres variantes principais do Tornado: o cazabombardeiro Tornado IDS (Interdictor/Strike), o supresor de defensas aéreas inimigas Tornado ECR (Electronic Combat/Reconnaissance) e o interceptor Tornado ADV (Air Defence Variant).

O Tornado desenvolveuse e fabricouse por Panavia Aircraft GmbH, un consorcio trinacional formado por British Aerospace (anteriormente British Aircraft Corporation), MBB, e Aeritalia. Voou por primeira vez o 14 de agosto de 1974 e entrou en servizo en 1979–1980. Debido ao seu deseño multirrol, foi capaz de substituír a varias frotas de avións cando foi introducido. A Real Forza Aérea Saudita (RSAF) converteuse no único cliente de exportación do Tornado. Unha unidade trinacional de adestramento e avaliación que operaba dende RAF Cottesmore, a Tri-National Tornado Training Establishment, mantivo o nivel de cooperación internacional máis aló da fase de produción.

O Tornado foi operado pola Royal Air Force (RAF), a Forza Aérea de Italia, e a RSAF durante a guerra do Golfo de 1991, na cal realizou a meirande parte dos ataque de penetración a baixa cota. Os Tornado de varios servizos tamén se usaron na guerra de Bosnia, na guerra de Kosovo, na guerra de Iraq, na guerra de Libia de 2011, e tamén tipo pequenos roles en Afganistán, Iemen, e Siria. Incluídas todas as variantes, fabricáronse un total de 990 Tornado.[1]

  1. "Variants". www.panavia.de. Consultado o 2020-12-07. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne