O Panchen Lama ((en tibetano), chinés simplificado: 班禪喇嘛 chinés tradicional: 班禅喇嘛), ou Panchen Erdeni ((en tibetano); chinés simplificado: 班禪額爾德尼; chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior título Lama por detrás do Dalai Lama na liñaxe Gelugpa (Dge-lugs-pa) do budismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste do Tíbet dende o século XVI ata a Rebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: a República Popular da China afirma que é Gyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama era Gedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia daqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano.[1] Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.[2]