Paneis solares son dispositivos utilizados para capturar a enerxía da luz do sol. Os paneis solares fotovoltaicos conteñen un conxunto de células solares que converten a luz en electricidade. Chámanse solares porque o sol é unha das fontes de enerxía máis fortes para este tipo de uso. As células solares algunhas veces chámanse células fotovoltaicas, e fotovoltaica quere dicir literalmente "luz-electricidade". As células solares contan co efecto fotovoltaico para absorber a enerxía do sol e fan fluír a corrente eléctrica entre dúas capas cargadas opostamente.
Actualmente os custos asociados cos paneis solares tórnanse pouco económicos en aplicacións onde a enerxía das estacións eléctricas está dispoñíbel. O custo dos combustíbeis fósiles está subindo, e a experiencia na produción está reducindo os custos das células solares, isto pode non ser visto nun futuro moito próximo, porén a longo prazo a tendencia é un aumento no uso deste tipo de enerxía renovábel.