Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
Pantera | |
---|---|
Membros de Pantera | |
Orixe | Arlington, Texas, Estados Unidos |
Período | 1981–2003 |
Xénero(s) | heavy metal, thrash metal, groove metal, glam metal (inicios) |
Selo(s) discográfico(s) | Metal Magic, Atco, EastWest, Elektra |
Membros | Phil Anselmo, Dimebag Darrell †, Vinnie Paul, Rex Brown |
Antigos membros | Donny Hart, Tommy Bradford, Terry Glaze, Matt L'Amour, David Peacock. |
Na rede | |
www.officialpantera.com | |
Pantera foi un grupo musical de heavy metal procedente de Arlington, Texas (Estados Unidos), fundada polos irmáns Abott e que estivo activa dende a súa formación no 1981 ata a disolución do grupo no 2003. O estilo do grupo foi variando cos anos, pasando do hair metal e glam metal de finais dos anos 80 ata o groove metal e thrash metal, na década dos 90, período marcado pola publicación de Cowboys From Hell no 1990 que os catapultou á fama.
A banda está considerada como unha das bandas fundamentais para asentar as bases do groove metal e unha das máis influentes formacións de metal da década dos 90.[1]. Pantera foi incluída en numerosas listas de importancia dentro da historia do heavy metal e do hard rock, chegando ó quinto posto da lista da MTV das 10 mellores bandas de heavy metal da historia,[2] así como aparecer no posto número 45 da lista de VH1 acerca das 100 mellores bandas de hard rock.[3]
Despois de numerosas discusións no seo da banda, Pantera disolveuse no 2003 e os seus integrantes tomaron camiños distintos. Mentres Anselmo seguiu co seu proxecto Down, que xa fundara durante a súa estancia en Pantera, os irmáns Abbott formaron o grupo Damageplan, que só editou un disco a causa do asasinato do guitarrista Dimebag Darrell.