O papo da perna, barriga da perna ou polpa[1] é unha proeminencia muscular, situada na face posterosuperior da perna, formada principalmente polos músculos gastrocnemio e sóleo. É innervado polo nervio tibial. A barriga da perna é avultada, moi carnosa, xa que está formada polo tríceps sural que reúne tres músculos: os dous músculos gastrocnemios -interno e externo- e o sóleo.