Paprika | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | パプリカ - Papurika |
Director | Satoshi Kon |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Paprika de Yasutaka Tsutsui |
Intérpretes | |
Música | Susumu Hirasawa |
Fotografía | Michiya Katou |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Madhouse |
Distribuidora | Sony Pictures Entertainment Japan |
Estrea | Venice: 2 de setembro de 2006 25 de novembro de 2006 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Ciencia ficción |
Recadación | $944 915[1] |
Na rede | |
http://www.paprikamovie.com | |
Paprika (パプリカ Papurika?) é un filme xaponés de anime e ciencia ficción coescrito e dirixido por Satoshi Kon. Baséase na novela de Yasutaka Tsutsui Paprika, e conta unha investigación psicolóxica que empregan uns dispositivos que axudan ós pacientes a entrar nos seus propios soños. Foi o cuarto e derradeiro filme de Kon antes da súa morte no ano 2010. Está protagonizado polas voces de Megumi Hayashibara, Tōru Emori, Katsunosuke Hori, Tōru Furuya, Akio Ōtsuka, Kōichi Yamadera e Hideyuki Tanaka.
Kon e Seishi Minakami escribiron o guión, e o estudio xaponés de animación Madhouse, animou e produciu o filme xunto con Sony Pictures Entertainment Japan, que o distribuíu no Xapón. A banda sonora foi composta por Susumu Hirasawa.