Parada cardiorrespiratoria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
RCP durante unha simulación de parada cardiorrespiratoria. | |
DiseasesDB | 2095 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Unha parada cardiorrespiratoria é un cesamento da respiración e da circulación funcional do sangue por mor dun fallo do corazón en contraer correctamente.[1] Pode deberse por diversas causas, algunhas das máis típicas son afogamento por inmersión ou shock eléctrico, efectos de anestesia e outros fármacos e o esforzo físico extremo.
A parada cardiorrespiratoria implica a detención da circulación do sangue e polo tanto implica a detención da subministración de osíxeno ó cerebro. Se un paciente entra neste estado a morte é inminente, polo tanto require de intervención inmediata a través de reanimación cardiopulmonar (RCP), que consiste nunha masaxe cardíaca e de respiración artificial.