Paredes, Vilaboa, Vilaboa

Paredes

Entrada a Paredes desde o sur pola N-550 Editar o valor en Wikidata
ParroquiaVilaboa
ConcelloVilaboa
Coordenadas42°21′13″N 8°37′33″O / 42.353611111111, -8.6258888888889
Poboación603 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 603 habitantes (301 homes e 302 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Vilaboa, Vilaboa". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne