Parsifal | |
---|---|
![]() Cartel da estrea en 1882. | |
Forma | Bühnenweihfestspiel ou festival sacro para a escena |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Richard Wagner |
Fontes literarias | Os poemas Parsifal e Titurel de Wolfram von Eschenbach |
Estrea | 26 de xullo de 1882 |
Teatro da estrea | Festspielhaus |
Lugar da estrea | Bayreuth |
Duración | 4 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Richard Wagner |
Personaxes | |
Amfortas (barítono baixo) |
Parsifal é unha ópera en tres actos con música de libreto en alemán de Richard Wagner. O propio compositor a cualificou de «Festival Escénico Sacro». Esta ópera está baseada no poema épico medieval (do século XIII) Parzival de Wolfram von Eschenbach, sobre a vida deste cabaleiro da corte do Rei Artur e a súa procura do Santo Graal. Wagner concibiu a obra en abril de 1857 mais só a completou 25 anos despois, estreándose en Bayreuth o 26 de xullo de 1882 (á estrea asistiron, entre outros, Vincent d'Indy e Ernest Chausson).
Wagner outorgoulle ao Festival de Bayreuth o monopolio absoluto das representacións de Parsifal durante os 30 anos posteriores á súa morte (ata 1913, incluído). Con todo, en 1903 o Metropolitan Opera de Nova York saltouse esta restrición e representou a ópera. En 1914 comezaron as representacións "legais" fóra de Bayereuth: o 1 de xaneiro programouse en numerosos teatros. O primeiro teatro en representala foi o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, que comezou a representación ás 22 horas do día 31 de decembro de 1913, co permiso da familia Wagner, xa que, a consecuencia da diferenza horaria, esta hora correspondía coa media noite en Bayreuth.