Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova Jersey | ||||
Condado | Condado de Morris | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 56.162 (2020) (853,9 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 20.256 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 65,771 km² | ||||
Altitude | 24 m | ||||
Comparte fronteira con | Mountain Lakes (pt) Morris Plains (pt) Morris Township Randolph (en) Hanover (pt) Montville (en) East Hanover (en) Boonton (pt) Denville | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Q131443068 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 07054 | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | parsippany.net |
Parsippany-Troy Hills é un municipio do Condado de Morris, Nova Jersey, Estados Unidos. Aínda que este é o nome oficial, a meirande parte dos residentes e as referencias en Internet aparecen simplemente como Parsippany. Tanto Parsippany coma Troy Hills responden a localidades do municipio. O nome de Parsippany procede da palabra parsipanong, que na lingua nativa dos indios Lepane significa "o lugar onde o río serpea polo val".
Segundo o censo do ano 2000, a municipalidade tiña unha poboación de 50 649 habitantes.[1]
Parsippany-Troy Hills converteuse en municipio pola lei aprobada polo estado de Nova Jersey o 12 de marzo de 1928 a partir dunha porción da municipalidade de Hanover, con base nos resultados do referendo do 9 de maio de 1928.[2]
Parsippany-Troy Hills foi recoñecido pola magazine Money no posto 17 dos Mellores lugares para vivir nos Estados Unidos e no primeiro dos lugares de Nova Jersey[3].