Partido Moderado | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Catolicismo político, monarquismo, liberalismo económico, Centralismo e confessionalismo |
Data de fundación | 1834 |
Data de disolución | 1874 |
Fundador(es) | Francisco Martínez de la Rosa |
País | España |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Moderado ou Partido Liberal Moderado era a principal organización política española en liza polo poder no reinado de Isabel II (1833-1868). O nome procede do acordo tácito coa rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias para mante-la orde social. Tamén foi coñecido como Partido Estatutista, porque defenderon o Estatuto Real de 1834, aprobado por Francisco Martínez de la Rosa. A outra organización política rival que se lles opuña era o Partido Progresista. Ámbalas dúas organizacións eran liberais e dinásticas ou isabelinas —é dicir, defensoras da liña dinástica borbónica representada por Isabel II fronte aos carlistas—.