Partido Comunista de Cuba | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Raúl Castro |
Historia | |
Fundación | 3 de outubro de 1965 |
Posición política | Esquerda[1] a Extrema esquerda[2] |
Outros datos | |
Sede | Palacio da Revolución, Edificio do Comité Central, A Habana, Cuba |
Publicación | Granma Cuba Socialista |
Na rede | |
www.pcc.cu | |
O Partido Comunista de Cuba (PCC) é un partido político de Cuba, fundado o 3 de outubro de 1965 e que se atopa no poder dende o triunfo da Revolución cubana.
Guía da Revolución cubana, é considerado o continuador das tradicións revolucionarias do pobo cubano, contra o colonialismo español e contra o neocolonialismo imperialista dos Estados Unidos, e proclámase herdeiro do Partido Revolucionario Cubano, que fundou José Martí en 1892 para loitar pola independencia de Cuba ante España e do Primeiro Partido Comunista, fundado por Jullo Antonio Mella e Carlos Baliño.[3]
Usa a bandeira nacional como emblema e o seu logotipo encadrado nun rectángulo de ángulos ovalados en liña vermella, ten dúas bandeiras que se destacan entre os brazos e as armas en alto do pobo, representados aquí en negro: unha é a bandeira vermella, símbolo do proletariado e o carácter revolucionario do partido, e outra a bandeira cubana, símbolo da patria. Ademais, sobre a cor negra, o acrónimo PCC (Partido Comunista de Cuba) está embutido en vermello en con contornos en branco.