Pasadena (en) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado dos Ánxeles ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 138.699 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 56.718 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana dos Ánxeles ![]() ![]() | ||||
Superficie | 59,901735 km² ![]() | ||||
Auga | 0,6834 % (1 de abril de 2010) ![]() | ||||
Altitude | 263 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1886 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Pasadena, California (en) ![]() ![]() | Victor Gordo (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 91101, 91103, 91104, 91105, 91106, 91107 e 91191 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 626 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Distrito de Xicheng (pt) ![]() Mishima Järvenpää Tánxer Ludwigshafen am Rhein (pt) ![]() Vanadzor (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | cityofpasadena.net ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Pasadena é unha cidade estadounidense no condado dos Ánxeles, California, situada a 16 quilómetros ao nordés do centro dos Ánxeles.
A poboación estimada de Pasadena era de 142 059 habitantes en 2016, converténdoa na 183ª cidade máis grande dos Estados Unidos.[1] Pasadena é a novena máis grande no condado dos Ánxeles. A cidade foi incorporada o 19 de xuño de 1886, converténdose nunha das primeiras en ser incorporadas no que agora é o condado dos Ánxeles, despois da cidade dos Ánxeles (4 de abril de 1850). É un dos principais centros culturais do val de San Gabriel.[2]
A cidade é coñecida por albergar anualmente o partido de fútbol americano Rose Bowl e por celebrar o Rose Parade. Ademais, Pasadena é tamén fogar de moitas institucións científicas e culturais, como Caltech, Pasadena City College, Fuller Theological Seminary, ArtCenter College of Design, Pasadena Playhouse, Ambassador Auditorium, Norton Simon Museum e USC Pacific Asia Museum.