O RMS Titanic transportaba un total de 2224 persoas a bordo na súa viaxe cara Nova York, dos cales só 710 lograron sobrevivir ao naufraxio.
Os superviventes foron rescatados dos botes salvavidas polo RMS Carpathia. Dos 711 pasaxeiros e a tripulación rescatada do RMS Titanic, un, William F. Hoyt, morreu nun bote salvavidas durante a noite, e outros cinco morreron a bordo do Carpathia e foron sepultados no mar. Varios barcos navegaron á zona do desastre onde se achaban as vítimas para recuperar os corpos. Os números 324 e 325 non foron usados, e os seis pasaxeiros enterrados no mar polo Carpathia tampouco foron numerados. Os tres corpos recuperados polo RMS Oceanic, números 331, 332 e 333, foron os ocupantes dun pregable, que se inundou nos últimos momentos do desastre. Varias persoas lograron chegar ao barco, aínda que algúns morreron durante a noite. Cando o quinto oficial Harold Lowe rescatou aos superviventes do pregable, deixou tres corpos no bote: Thomas Beattie, un pasaxeiro de primeira clase, e dous membros da tripulación (un bombeiro e un mariñeiro). O pregable, cos tres cadáveres aínda dentro, foi descuberto aproximadamente un mes máis tarde a máis de 200 millas do lugar do afundimento.