Paseriformes

As paseriformes (Passeriformes) son unha grande orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves. O grupo foi bautizado polo nome científico do pardal común (Passer domesticus). Está dividido en dúas subordes principais, Passeri e Tyranni.

Son o grupo de vertebrados que máis éxito evolutivo tivo, contan con ao redor de 5.400 especies, o que aproximadamente duplica o número de especies da orde de mamíferos máis diversa, os roedores (Rodentia). As súas adaptacións ao medio son moi variadas e complexas e comprenden dende determinados tipos de canto a formas de construír niños.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne