Patrimonio da Humanidade na Arxentina

Localización dos sitios da Arxentina na lista do Patrimonio Mundial.Os puntos laranxas representan sitios culturais, os verdes son naturais e os azuis os sitios Qhapaq Ñan.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade na Arxentina, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. A Arxentina aceptou a convención o 23 de agosto de 1978, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]

Hai once sitios Patrimonio da Humanidade na Arxentina, e outros dez na lista tentativa.[4] O primeiro sitio na lista foi o Parque Nacional Los Glaciares, na quinta sesión do Comité do Patrimonio Mundial, celebrada en Sydney, Australia, en outubro de 1981.[5] O sitio máis recente enumerado foi o Parque Nacional Los Alerces, en 2017. Cinco sitios na Arxentina están catalogados polos seus bens naturais e seis por bens culturais. Compártense tres sitios con outros países: as misións xesuítas compártense co Brasil, os sitios do sistema viario incaico compártense con cinco países e obras de Le Corbusier con seis países.[4]

  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "Uruguai na UNESCO". 
  4. 4,0 4,1 "Argentina". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  5. "WH Committee: 5th Session, Sydney 1981". UNESCO World Heritage Centre. 26–30 de outubro de 1981. Consultado o 24 de setembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne