Pau Casals |
Nome orixinal | (ca) Pau Casals i Defilló |
---|
|
Nacemento | 29 de decembro de 1876 El Vendrell, España |
---|
Morte | 22 de outubro de 1973 (96 anos) San Xoán, Estados Unidos de América |
---|
Lugar de sepultura | Cementiri del Vendrell (en) |
---|
Educación | Municipal Conservatory of Music of Barcelona (en) Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
---|
|
Ocupación | violoncellista, autobiógrafo, profesor de música, compositor, director de orquestra, profesor universitario |
---|
Período de actividade | 1891 - |
---|
Empregador | Conservatorio Superior de Música do Liceo |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música clásica e Sardana |
---|
Profesores | Victor de Mirecki (pt) |
---|
Alumnos | Juliette Alvin (pt) , Gaspar Cassadó i Moreu, Bernard Greenhouse (pt) , Jacqueline du Pré, Alexander Schneider, Q29358672 e Conchita Badía |
---|
Instrumento | Violoncello |
---|
Selo discográfico | Columbia Records Philips HMV (pt) |
---|
|
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Marta Casals Istomin (1957–1973) Susan Metcalfe Casals (1914–1928) |
---|
Parella | Francesca Vidal i Puig (–1955) Guilhermina Suggia (1906–1912) |
---|
Pais | Carles Casals Ribes e Pilar Defilló Amiguet |
---|
Irmáns | Enric Casals Defilló |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.274) Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , |
---|
|
Pau Casals i Defilló, nado en El Vendrell (Tarragona) o 29 de decembro de 1876 e finado en San Xoán de Porto Rico o 22 de outubro de 1973, foi un compositor e músico catalán. Durante a súa carreira foi coñecido como Pablo Casals[1][2][3], o seu nome legal e co que asinaba.[4]
Pola súa recoñecida actividade como director e compositor, Casals é considerado un dos mellores violonchelistas de todos os tempos. O columnista sociopolítico e economista David P. Goldman designou a Casals como o mellor músico clásico do século XX.[5]
Unha das súas composicións máis soadas é o "Himno das Nacións Unidas", coñecido como o "Himno da Paz", composto mentres residía na súa segunda patria, Porto Rico (onde nacera e se criara a súa nai), e onde tamén residían outros españois de sona internacional, tales como Juan Ramón Jiménez e Francisco Ayala.
Alén da súa obra musical, Pau Casals destacou en todo o mundo polo seu activismo na defensa da paz, a democracia, a liberdade e os dereitos humanos, que lle valeron prestixiosas condecoracións; e mesmo ser nomeado ao Premio Nobel da Paz. Casals tamén manifestou publicamente a súa oposición ao réxime franquista e o seu desexo de ver unha Cataluña independente ou cun alto grao de autonomía[6].
- ↑ "Sinfinimusic - Deutsche Grammophon". www.deutschegrammophon.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-12.
- ↑ Honors To Be Conferred On English Composers: Series of Concerts Devoted to modern Englishmen to be Given in London Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine., New York Times, 1911-04-09
- ↑ "Classical Notes - Pablo Casals - the Musician and the Man, By Peter Gutmann". www.classicalnotes.net. Consultado o 2019-12-12.
- ↑ "Fritz Henle - Photographer - St. Croix, US Virgin Islands - Fritz Henle Prints". henlegallery.com. Consultado o 2019-12-12.
- ↑ comments, David P. Goldman 2012-05-28T22:05:46 chat (2012-05-28). "Lessons from Europe's Winners and Losers". Spengler (en inglés). Consultado o 2019-12-12.
- ↑ Capítulo V das súas memorias, ditadas orixinariamente en francés a Albert E. Kahn e traducidas ao catalán como Joia i Tristor.