Pavement | |
---|---|
Orixe | Stockton (California), Estados Unidos |
Período | 1989 - 1999 2010 - presente |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi |
Selo(s) discográfico(s) | Drag City, Matador Records, Big Cat, Pony Canyon, Domino |
Membros | Stephen Malkmus Bob Nastanovich Scott Kannberg Steve West Mark Ibold |
Antigos membros | Gary Young Jason Fawkes |
Artistas relacionados | Silver Jews, The Crust Brothers, Ectoslavia, Free Kitten, Gary Young's Hospital, Marble Valley, Spiral Stairs, Preston School of Industry, Sonic Youth, Stephen Malkmus and the Jicks, The Verlaines |
Na rede | |
https://www.matadorrecords.com/pavement | |
Pavement é unha banda estadounidense de indie rock dos 90. A pesar de só experimentar un moderado éxito comercial, acadou un significante grao de culto e foi unha das máis populares e influentes bandas lo-fi dos 90. O grupo permaneceu en selos independentes durante toda a súa carreira ata a súa disolución en 1999. No ano 2010 a banda volvería a reunirse e comezaría unha nova xira despois de 10 anos sen tocar.
Aínda que só rozou o mainstream co seu sinxelo "Cut Your Hair" en 1994, Pavement foi unha exitosa banda de indie rock. En vez de asinar cunha gran discográfica como fixeran moitos dos seus antecesores nos anos 80, permaneceu con selos independentes durante toda a súa carreira acotío foi descrita como unha das bandas máis influentes que emerxeu do underground estadounidense dos anos 90. Algúns importantes críticos musicais como Robert Christgau e Stephen Thomas Erlewine chegaron a dicir que se trataba do mellor grupo da década de 1990.