Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Pearl Jam | |
---|---|
Pearl Jam en directo | |
Orixe | Seattle, Washington, Estados Unidos |
Período | 1990 - presente |
Xénero(s) | grunge, rock alternativo, hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Monkeywrench, Universal, Epic, J Records |
Membros | Jeff Ament Eddie Vedder Stone Gossard Matt Cameron Mike McCready |
Antigos membros | Dave Krusen Matt Chamberlain Dave Abbruzzese Jack Irons |
Artistas relacionados | Green River, Mother Love Bone, Temple of the Dog, Hovercraft, Neil Young |
Na rede | |
http://www.pearljam.com/ | |
Pearl Jam é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Seattle durante o ano 1990 a partir das cinzas do grupo Mother Love Bone. É unha das máis importantes bandas do movemento xurdido en Seattle a principios dos anos 90 e das poucas que permanecen aínda en actividade. Dende a súa creación Pearl Jam sempre estivo composto por Eddie Vedder (voces), Mike McCready (guitarra solista), Stone Gossard (guitarra rítmica) e Jeff Ament (baixo). O seu quinto membro é o batería Matt Cameron (tamén en Soundgarden), que leva na banda dende 1998. Boom Gaspar (piano) tamén leva tocando no grupo como músico de sesión e de xira dende 2002. Os baterías Dave Krusen, Matt Chamberlain, Dave Abbruzzese e Jack Irons foron antigos compoñentes da banda. Pearl Jam vendeu máis que moitos dos seus contemporáneos de principios dos 90, e é considerado un dos grupos máis influíntes da década,[1] sendo bautizada como "a banda de rock & roll estadounidense máis popular dos 90".[2]