Pedro Picapedra | |
---|---|
Personaxe de Os Picapedra | |
![]() Escultura de Pedro Picapedra no Harikalar Diyarı (Ankara) | |
Información | |
Nome orixinal | Frederick "Fred" Flintstone |
Sexo | Home |
Cónxuxe | Wilma Picapedra |
Pedro Picapedra[1] (Frederick "Fred" Flintstone en inglés) é un personaxe ficticio da serie de televisión de debuxos animados Os Picapedra. Durante os anos sesenta foi o personaxe principal da serie, que constaba de diversas historias dunha familia común americana da época, mais ambientada na Idade de Pedra. Concepto semellante repetiuse cos Supersónicos, coa diferenza de demostrar a vida no futuro.