(el) Πελοπόννησος | |||||
Tipo | península rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Grecia | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, mar Adriático e Mar Exeo | ||||
Comparte fronteira con | Periferia de Ática | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.407 m 994 m | ||||
Superficie | 22.200 km² | ||||
A península do Peloponeso, tamén chamada Morea ou, simplemente, O Peloponeso[1] (en grego Πελοπόννησος, pronunciación clásica Pelopónnēsos; pronunciación moderna Pelopónisos) é unha península de Grecia, unida ao continente polo istmo de Corinto, que actualmente está cortado polo canal de Corinto.
O seu nome provén dun heroe mitolóxico grego, Pélope, quen supostamente conquistou toda a rexión.
Etimoloxicamente Peloponeso significa "illa de Pélope", a pesar de que só foi unha verdadeira illa tras a apertura do canal de Corinto en 1893.
Na Idade Media, "Morea", debido ao parecido da súa forma cunha folla de moreira. Contra o século XIII conformou o Despotado de Morea.
Patrás (no norte) e Kalamata son as únicas cidades importantes, onde se achan os principais portos.
En 2004 o Peloponeso gañou unha segunda conexión co continente tras a construción da Ponte de Río-Antirio.
Na rexión encóntrase a cidade de Olimpia, centro relixioso da Antigüidade, onde se celebraron os primeiros Xogos Olímpicos, e a cidade de Esparta, unha das dúas cidades-Estado hexemónicas na Antigüidade clásica.