Pere Ubu | |
---|---|
A banda en Viena en 2009 | |
Orixe | Cleveland, Ohio, |
Período | 1975 - 1982 1987 - presente |
Xénero(s) | art punk, post-punk, art rock, avant-rock, new wave, proto-punk, rock industrial |
Selo(s) discográfico(s) | Hearthan, Blank, Mercury, Radar, Chrysalis, Rough Trade, Fontana, Imago, Tim/Kerr, Cooking Vinyl, DGC, Thirsty Ear, Smog Veil, Fire, Cherry Red |
Membros | David Thomas Michele Temple Robert Wheeler Keith Moliné Gagarin Chris Cutler P.O. Jørgens |
Na rede | |
ubuprojex.com | |
Pere Ubu é unha banda estadounidense de rock formada en Cleveland, Ohio en 1975. A pesar de contar cunha gran cantidade de membros de longa de duración, o cantante David Thomas é o único membro constante do grupo. Pere Ubu publicou o seu álbum de estrea, The Modern Dance, en 1978, ao que lle seguiron catro discos máis antes de separarse en 1982. Thomas reformou a banda no ano 1987, e continuou gravando álbums e xirando.
O traballo de Pere Ubu inspirouse en distintas fontes como a musique concrète, o rock dos 60, a performance, e os ambientes industriais do medio oeste dos Estados Unidos.[1][2] A pesar de que o grupo acadou moi pouco éxito comercial, Pere Ubu exerceu unha grande influencia na música underground posterior.[3]