Peregrin Tuc | |
---|---|
Personaxe de O Señor dos Aneis | |
![]() Pipin vestido coa roupa de 32º Thain da Comarca, cargo ao que accedeu en 1434 E. C. co nome de Peregrin I | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Alcume | Pipin |
Raza | Hobbits |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 1390 E. C. |
Título | Thain da Comarca |
Familia | Paladin II (pai) Perla (irmá) Pimpinela (irmán) Pervinca (irmán) |
Cónxuxe | Diamante |
Fillos | Faramir |
Residencia | A Comarca (Terra Media) |
Perfil en IMDb |
Peregrin Tuc (2990 TI - 70 CI), máis coñecido polos seus amigos como Pipin, é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien que aparece na súa obra O Señor dos Aneis. É un hobbit e un dos amigos máis novos e queridos de Frodo Bulseiro.
Peregrin era o único fillo home de Paladin Tuc II e Eglantine Ribeira, polo que herdou o título de seu pai Thain da Comarca á morte deste en 13 TI. Tiña tres irmás máis vellas, Perla Tuc, Pimpernel Tuc, e Pervinca Tuc. O seu mellor amigo Meriadoc Brandigamo era curmán seu, fillo da irmá de Paladin Esmeralda Brandigamo.
O seu cabelo e o pelo dos seus pés (excepcionalmente peludos mesmo para un hobbit) eran crechos e dunha cor case dourada. Ao comezo d'A Irmandade do Anel era máis pequeno cós demais hobbits porque era o máis novo e porque pertencía á estirpe dos Nidios, que Tolkien describe como máis veloces e áxiles.