Period. End of Sentence. | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Period. End of Sentence. |
Director | Rayka Zehtabchi |
Produtor |
|
Intérpretes | Arunachalam Muruganantham |
Fotografía | Sam Davis |
Montaxe | Sam Davis |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Cleveland: 5 de abril de 2018![]() |
Duración | 25 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Documental |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Period. End of Sentence. é unha curtametraxe documental de 2018 dirixida por Rayka Zehtabchi. Conta a historia das mulleres da India e a súa silenciosa revolución sexual pola desestigmatización do período. Está protagonizada por Arunachalam Muruganantham, Shabana Khan, Gouri Choudari, Ajeya e Anita.[3][4] O documental segue un grupo de mulleres de Hapur, e a súa aprendizaxe no manexo dunha máquina que lles permite obter compresas de baixo custo e biodegradables que venden a outras mulleres por poucos cartos. Isto non só axuda a mellorar a hixiene feminina dándolles acceso a produtos básico senón que tamén apodera ás mulleres ó rachar os tabús que rodean a menstruación na India e contribúe no desenvolvemento económico da zona.[5] O filme está inspirado na vida de Arunachalam Muruganantham, unha activista social de Tamil Nadu, na India.
A obra foi galardoada co Oscar á mellor curtametraxe documental na 91ª edición dos premios.