Periodontite

Enfermidade periodontal
Clasificación e recursos externos
Esta radiografía mostra unha significativa perda de óso entre as dúas raíces dun dente (rexión negra). O óso esponxoso retrocedeu debido a infeccións baixo o dente, reducindo o sostén óseo do dente.
ICD-10K05.4
DiseasesDB29362
MedlinePlus001059
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A periodontite ou piorrea é o nome que se dá a un conxunto de enfermidades inflamatorias que afectan ao periodontio, é dicir, ao tecido que rodea e sostén os dentes. A periodontite implica a perda progresiva de óso alveolar arredor do dente, e se non se trata, pode orixinar o afrouxamento e finalmente a perda de pezas dentais. A periodontite está causada por microorganismos que se adhiren e crecen sobre a superficie dos dentes, xunto cunha resposta inmunitaria moi agresiva contra eles. A diagnose da periodontite realízase inspeccionando os tecidos brandos das enxivas que rodean os dentes por medio dunha sonda periodontal (exame clínico) e avaliando as radiografías do paciente (exame radiográfico), para determinar a cantidade de perda de óso arredor dos dentes.[1]

  1. Savage, Amir; Eaton, Kenneth A.; Moles, David R.; Needleman, Ian (2009). "A systematic review of definitions of periodontitis and methods that have been used to identify this disease". Journal of Clinical Periodontology 36 (6): 458–467. PMID 19508246. doi:10.1111/j.1600-051X.2009.01408.x. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne