Perper montenegrino

Perper montenegrino †
Billete de 20 perpera100 perpera (1910)
Ámbito:
Principado de Montenegro.
Reino de Montenegro.
Fracción:1 perper = 100 para.
Moedas:- 1, 2, 10, 20 para.
- 1, 2, 5, 10, 20, 100 perpera.
Billetes:1, 2, 10, 20, 50, 100 perpera.
Emisor:Banco de Montenegro

O perper (en montenegrino: crnogorski perper, pl. perpera; en serbio cirílico: Црногорски перпер, pl. перпери) foi a unidade monetaria de Montenegro entre 1906 e 1918, dividido en 100 para.[1]

Tomou a súa denominación dunha moeda habitualmente utilizada no Mediterráneo oriental a partir do século XVII, baseada na moeda bizantina hyperpyron, e que xa fora moeda do Imperio Serbio.[2] En 1918 foi substituída polo dinar iugoslavo cando Montenegro pasou a formar parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.[3]

Na derradeira década do século XX, as autoridades montenegrinas consideraron a posibilidade de retomar o perper como moeda do novo Estado independente, logo da disolución de Iugoslavia. Porén, finalmente se adoptou no seu lugar o marco alemán, posteriormente substituído polo euro.[3][4]

En 2002, o Banco Central de Montenegro, en conmemoración do primeiro aniversario do seu establecemento, recuñou unha réplica da serie orixinal de moedas con valores en perper e para.[5]

  1. "Perper". En Frey, A. R. (1916).
  2. "Perper". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  3. 3,0 3,1 "Money in Montenegro through history". Central Bank of Montenegro.
  4. "O euro fora da Europa". Banco Central Europeu.
  5. "Commemorative Montenegrin coins issued on the occasion of celebrating the first anniversary of the CBCG establishment (2002)". Central Bank of Montenegro.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne