En física, o peso dun corpo é unha magnitude vectorial, o cal defínese como a forza coa cal un corpo actúa sobre un punto de apoio, por mor da atracción deste corpo pola forza da gravidade.
A situación máis corrente, é a do peso dos corpos nas proximidades da superficie dun planeta como a Terra, ou dun satélite. O peso dun corpo depende da intensidade do campo gravitatorio e da masa do corpo.
Nas proximidades da Terra, todos os obxectos materiais son atraídos polo campo gravitatorio terrestre, estando sometidos a unha forza (peso no caso de que estean sobre un punto de apoio) que lles imprime un movemento acelerado, a menos que outras forzas actúen sobre o corpo.