Peter Arundell

Modelo:BiografíaPeter Arundell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Ilford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
King's Lynn, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteFibrose pulmonar Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1963–1966), piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Air Force Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Team Lotus Editar o valor en Wikidata

Peter Arundell nado en Ilford, Essex o 8 de novembro de 1933[1] e finado en King's Lynn, Norfolk, Inglaterra o 16 de xuño de 2009. Foi un británico piloto de carreiras de Inglaterra, que competiu na Fórmula 1 para o equipo Lotus. Participou en 13 Grandes Premios do Campionato do Mundo, logrando 12 puntos de campionato.

Arundell converteuse nun piloto de carreiras profesional logo de terminar o seu servizo na Royal Air Force, competindo con coches Elva e Lotus. pronto gañou unha carreira de Fórmula Júnior disputada en Inglaterra, o trofeo John Davy no encontro do Boxing Day Brands Hatch nun Elva-D.K.W. en 1959.[2] En 1962 gañou o campionato británico da Fórmula Júnior nun Lotus, e tamén en 1963 nun Lotus 27. Tamén gañou a carreira de Fórmula Júnior de Mónaco en 1961 e 1962. Gañou a última carreira da Fórmula Júnior celebrada en Inglaterra, o Anglo-European Formula Júnior Trophy, tamén en Brands Hatch, en setembro de 1963, nun Lotus 27-Ford.[3]

Marcou a súa chegada ao Campionato Mundial de Fórmula Un en 1964 con dous podios. Foi considerado como unha gran promesa para o futuro e un gran piloto de apoio para o Campión do Mundo Jim Clark.[4]

En 1964, mentres competia na Fórmula 2 en Reims-Gueux, trompeou e foi golpeado a alta velocidade por Richie Ginther, Arundell saíu despedido do coche no impacto, o que lle fixo perder a maior parte da tempada de 1965. O xefe de Lotus Colin Chapman gardou o seu lugar no equipo para 1966, terminando terceiro na súa reaparición na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Suráfrica Grand Prix en East London o 1 de xaneiro de 1966.[5] Non gozou de grande éxito e ao final dese ano retirouse da Fórmula Un, comezando só 11 carreiras.[6]

Retirouse das carreiras por completo en 1969, e máis tarde trasladouse a Florida, onde creou a compañía de software Mystique, responsable entre outros xogos da famosa Custer's Revenge.

  1. "Driver: Arundell, Peter". Autocourse Grand Prix Archive. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2006. Consultado o 27 de novembro de 2007. 
  2. Motor Sport, febreiro de 1960, páxina 109. See also cover photograph.
  3. The Autocar, setembro de 1963, páxinas 514, 540.
  4. "Peter Arundell". lastingtribute.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 17 de xuño de 2009. 
  5. Motor Sport, febreiro 1966, Page 90.
  6. "Peter Arundell Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne