(2009) | |
Nome orixinal | (en) Pete Sinfield |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Peter John Sinfield 27 de decembro de 1943 Fulham, Reino Unido |
Morte | 14 de novembro de 2024 (80 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, poesía e letra |
Ocupación | poeta, produtor musical, músico, guitarrista, cantautor, letrista |
Período de actividade | 1968 - |
Membro de | King Crimson (1969–1971) |
Xénero artístico | Rock progresivo |
Instrumento | Voz, guitarra e sintetizador |
Selo discográfico | Manticore Apple Records E.G. Records Stax |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | songsouponsea.com |
Peter John Sinfield, nado o 27 de decembro de 1943 e finado o 14 de novembro de 2024,[1] foi un poeta e compositor inglés. Foi coñecido sobre todo por ser cofundador e antigo letrista da banda King Crimson, cuxo álbum de estrea In the Court of the Crimson King está considerado un dos primeiros e máis influíntes discos do rock progresivo.[2]
As letras de Sinfield son coñecidas polas súas imaxes surrealistas, a miúdo involucrando conceptos comúns da fantasía,natureza ou o mar. Ás veces tamén tratan de conceptos emocionais e de conceptos históricos. Posteriormente na súa carreira adaptou o seu estilo de cmposición para adaptarse á música pop, escribindo varias exitosas cancións a artistas como Celine Dion, Cher, Cliff Richard, Leo Sayer, Five Star, e Bucks Fizz.
En 2005 Sinfield foi mencionado como un "heroe do rock progresivo" na revista Q polo seu traballo lírico e influencia na industria da música.[3]