Peter Medawar

Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Peter Medawar

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Peter Brian Medawar Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Petrópolis, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1987 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Andrew's Churchyard, Alfriston (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMagdalen College
Marlborough College (pt) Traducir
Universidade de Oxford - Doutor en filosofía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, catedrático, biólogo, fisiólogo, autobiógrafo, immunólogo, zoólogo, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversity College de Londres
Magdalen College
Universidade de Birmingham Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAvrion Mitchison (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJean Medawar (1937–) Editar o valor en Wikidata
FillosCaroline Medawar Garland Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Медавар Питер Брайан)
Obálky knih,
Medvik >>>:Medawar, P. B. (Peter Brian), 1915-1987, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1362125 Find a Grave: 180753651 Editar o valor en Wikidata

Peter Brian Medawar (/ˈmɛdəwər/), nado o 28 de febreiro de 1915 e finado o 2 de outubro de 1987,[1] foi un biólogo e escritor británico, cuxos traballos sobre o rexeitamento de transplantes e o descubrimento da tolerancia inmunitaria adquirida foron fundamentais para a práctica médica do transplante de órganos e tecidos. Por estes traballos científicos, considérase o "pai dos transplantes".[2] É lembrado polo seu enxeño tanto en persoa coma nos seus escritos. Richard Dawkins denominouno "o máis enxeñoso de todos os escritores científicos";[3] Stephen Jay Gould considerouno "o home máis intelixente que coñecín".[4]

Medawar foi o fillo máis novo dun pai libanés e unha nai británica, e tiña de nacemento tanto a cidadanía brasileira coma a británica. Estudou no Marlborough College e no Magdalen College, Oxford, e foi profesor de zooloxía na Universidade de Birmingham e no University College London. Ata que quedou parcialmente discapacitado por un infarto cerebral, foi director do Instituto Nacional de Investigación Médica en Mill Hill. Co seu estudante doutoral Leslie Brent e o posdoutoral Rupert E. Billingham, demostrou o principio da tolerancia inmunitaria adquirida (na cal o sistema inmunitario non responde a certas moléculas antixénicas), que foi predito teoricamente por Frank Macfarlane Burnet. Isto converteuse no fundamento do transplante de tecidos e órganos.[5] El e Burnet compartiron o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1960 "polo descubrimento da tolerancia inmunitaria adquirida".[6]

  1. Mitchison, N. A. (1990). "Peter Brian Medawar. 28 February 1915 – 2 October 1987". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 35: 283–301. PMID 11622280. doi:10.1098/rsbm.1990.0013. 
  2. Starzl, T. E. (1995). "Peter Brian Medawar: father of transplantation.". Journal of the American College of Surgeons 180 (3): 332–36. PMC 2681237. PMID 7874344. 
  3. Dawkins, Richard, ed. (2008). The Oxford Book of Modern Science Writing. Oxford: Oxford University Press. p. 179. ISBN 978-0-19-921680-2. 
  4. Gould, Stephen Jay (2011). The Lying Stones of Marrakech: Penultimate Reflections in Natural History (1st Harvard University Press ed.). Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard University Press. p. 305. ISBN 9780674061675. 
  5. Simpson, E. (2015). "Medawar's legacy to cellular immunology and clinical transplantation: a commentary on Billingham, Brent and Medawar (1956) 'Quantitative studies on tissue transplantation immunity. III. Actively acquired tolerance'". Philosophical Transactions of the Royal Society B: Biological Sciences 370 (1666): 20140382 (on line). PMC 4360130. PMID 25750245. doi:10.1098/rstb.2014.0382. 
  6. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1960". Nobelprize.org. Nobel Media AB. Consultado o 19 de outubro de 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne