Peter Paul Rubens

Modelo:BiografíaPeter Paul Rubens

(1623) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1577 Editar o valor en Wikidata
Siegen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1640 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. James' Church, Antwerp (en) Traducir, grave of Peter Paul Rubens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara Isabel Clara Eugénia da Áustria (pt) Traducir
5 de xuño de 1624 –
Pintor de cámara Vincenzo I Gonzaga (pt) Traducir
xullo de 1600 – 5 de maio de 1608 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSiegen
Roma
Colonia
Anveres Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Old University of Leuven (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Mantua (1600–1608)
Anveres (1590–1600)
Colonia (1578–1587)
Alacant
Utrecht
A Haia
San Lorenzo de El Escorial
Madrid
Valladolid
Dover
Rotterdam
Florencia
Londres
Venecia
Maastricht
Delft
Calais
París
Liexa
Bruxelas
Elewijt (en) Traducir
Haarlem
La Rochelle
Roma
Breda
Xénova
Ámsterdam
Verona
Affligem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, debuxante arquitectónico, escultor, gravador, pintor, artista gráfico, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século XVI Editar o valor en Wikidata)
EmpregadorMaría de Médici (1621–)
Alberto de Áustria (pt) Traducir (1609–)
Vincenzo I Gonzaga (pt) Traducir (1600–1608) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPintura de historia, pintura relixiosa, nudez na arte, Retrato pictórico, pintura mitolóxica, Arte de paisaxes, retrato, arte de xénero, arte sacra e arte animal Editar o valor en Wikidata
MovementoPintura barroca flamenga (pt) Traducir e Barroco Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoAlle tot nu toe bekende schilderijen van Rubens (Vol. 1) (en) Traducir (1980)
Alle tot nu toe bekende schilderijen van Rubens (Vol. 2) (en) Traducir (1980)
Corpus Rubenianum Ludwig Burchard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTobias Verhaecht (pt) Traducir, Adam van Noort (pt) Traducir e Otto van Veen Editar o valor en Wikidata
AlumnosAnton van Dyck, Jan van den Bergh (pt) Traducir, Matthys van den Bergh (pt) Traducir, Jan. Boeckhorst (pt) Traducir, Abraham van Diepenbeeck, Justus van Egmont (pt) Traducir, Lucas, the younger Franchoys (pt) Traducir, George Jamesone (pt) Traducir, Willem Panneels (pt) Traducir, Erasmus Quellinus (pt) Traducir, Cornelis Schut, Theodoor van Thulden (pt) Traducir, Frans Wouters (pt) Traducir e Cornelis, III Schut (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaRubens family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHélène Fourment (1630–1640)
Isabella Brant (1609–1626) Editar o valor en Wikidata
FillosAlbert Rubens (1614-1657)
 () Isabella Brant
Nicolaas Rubens, Lord of Rameyen
 () Isabella Brant
Claire Rubens
 () Hélène Fourment
Peter Paul Rubens III
 () Hélène Fourment Editar o valor en Wikidata
PaisJan Rubens Editar o valor en Wikidata  e Maria Pypelinckx Editar o valor en Wikidata
IrmánsChristine von Dietz
Philip Rubens Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Peter Paul Rubens)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Petrus Paulus Rubens, Het Eerste Deel, pag. 57)
Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Rubens, Peter Paul, 290) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4664844 BNE: XX978783 Musicbrainz: 335085a9-357d-454c-8a4e-ed229d77ee5d Discogs: 2234848 WikiTree: Rubens-1 Find a Grave: 5387 Editar o valor en Wikidata

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Anveres, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices.[1] Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus.[2] Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea.[3] Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid.[4] Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.[5]

Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real.[6] Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Anveres (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura",[7] alcume co que é citado en ocasións.

  1. "Rubens e os tapices da historia de Aquiles". El Cultural. 18 de decembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2013. Consultado o 3 de xaneiro de 2013. 
  2. Vergara, Alejandro (2010). "Rubens". Museo do Prado. Consultado o 1 de setembro de 2011. 
  3. Historia Universal del Arte, Volumen XII (1984)
  4. Historia del Arte Espasa (2004) p.799
  5. Sánchez, Camilo (20 de decembro de 2010). "O Prado leva Rubens á Rede". El País. Consultado o 22 de xaneiro de 2013. 
  6. "Rubens". Museo do Prado. Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  7. Éditions Larousse (ed.). "Petrus Paulus Rubens". Encyclopédie en ligne Larousse (en francés). Consultado o 30 de decembro de 2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne