Peter Sagan, nado en Žilina o 26 de xaneiro de 1990, é un ciclista eslovaco. Fíxose profesional en 2009, e en pouco tempo gañou sona como especialista en clásicas e finais en sprint, tamén ten boas calidades como corredor de contra o reloxo, sendo quen de bater a Fabian Cancellara no prólogo da Volta a Suíza 2011. Caracterízase por ser un corredor atrevido e con moito equilibrio enriba da bicicleta, ademais de rodar de maneira moi espectacular.