![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Peugeot 306 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Automóbil de turismo |
Marca | Peugeot ![]() |
Fabricante | Peugeot |
Período | ╴2001 |
Montaxe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Configuración | |
Segmento | Segmento C |
Carrozaría | Hatchback 3 e 5 portas Sedán 4 portas Familiar 4 portas Cabriolé 2 portas |
Configuración | Motor dianteiro transversal / tracción dianteira |
Tren motriz | |
Motor | motor de gasolina, PSA DW8 L3 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Dimensións | |
Peso | 982 - 1345 kg |
Relacionados | |
Rival | Ford Escort Fiat Bravo/Brava Opel Astra Renault Mégane Peugeot 205 Peugeot 406 Volkswagen Golf |
Relacionado | Peugeot 205 Peugeot 406 |
Cronoloxía | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Peugeot 306 é un automóbil do segmento C producido polo fabricante francés Peugeot entre 1993 e 2001. É o sucesor do Peugeot 305, e foi substituído no 2001 polo Peugeot 307. Algúns dos seus competidores foron o Ford Escort, o Fiat Bravo/Brava, o Opel Astra, o Renault Mégane, o Peugeot 205, o Peugeot 406 ou o Volkswagen Golf.
O 306 ten motor dianteiro transversal e tracción dianteira. A súa plataforma é a mesma do Peugeot 205, que logo foi utilizada para desenvolver o Peugeot 406. Comparte numerosos compoñentes mecánicos con outros modelos de Peugeot e Talbot, como as caixas de cambios e os motores.
Existe con carrozarías hatchback de tres e cinco portas, cabriolé de dúas portas, berlina de catro portas e familiar de cinco portas, que foron postas á venda en febreiro de 1993, abril de 1994, outubro de 1994 e maio de 1999 respectivamente. O cabriolé é un catro prazas con teito de lona, e o resto das variantes teñen cinco prazas.