Phoenix Mercury | |
---|---|
Conferencia | Conferencia Oeste |
Fundado en | 1997 |
Historia | Phoenix Mercury 1997–presente |
Pavillón | Talking Stick Resort Arena |
Cidade | Phoenix (Arizona) |
Cores | Púrpura, branco, laranxa, prata |
Propietario(s) | Robert Sarver |
Mánager xeral | Jim Pitman |
Adestrador | Sandy Brondello |
Campionatos | 3 (2007, 2009, 2014) |
Títulos de conferencia | 4 (1998, 2007, 2009, 2014) |
Web Oficial | mercury.com |
Os Phoenix Mercury son un equipo profesional de baloncesto con base na cidade de Phoenix (Arizona). Xogan na Conferencia Oeste da Women's National Basketball Association (WNBA). O equipo foi fundado antes do comezo da tempada inaugural da WNBA en 1997, sendo unha das oito franquías orixinais.
Os Mercury clasificáronse para os Playoffs da WNBA en 9 dos seus 18 anos en Minneapolis. Chegaron ás Finais da WNBA en catro ocasións; na primeira, en 1998, perderon contra Houston, pero conseguiron o título nas outras tres, en 2007, 2009 e 2014, contra Detroit, Indiana e Chicago respectivamente.