Non confundir con piche, as bólas de alcatrán nas praias.
Un pichi ou, en inglés, jumper,[1] é unha peza de roupa, evolución do mono, que se compón dunha saia, ou un pantalón curto, con pecheira e tirantes.[2][3]
Na actualidade úsano sobre todo nenas e mulleres adolescentes, aínda que tamén poden usalos mullerers adultas.
En Gran Bretaña e en moitos países da Commonwealth británica é habitual nos uniformes de colexios femininos, moda que se estendeu a outros países, como España e moitos latinoamericanos (como a Arxentina, Chile, Colombia, Panamá, República Dominicana ou Venezuela) nos que tamén se usan pichis habitualmente como unifrome escolar.