Pilatus Aircraft | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Fundación | 10 de decembro de 1939 |
Localización | Stans, Suíza |
Industria | aeroespacial |
Na rede | |
http://www.pilatus-aircraft.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pilatus Aircraft Ltd. é un construtor aeroespacial situado en Stans, Suíza. En abril de 2022 a compañía empregaba a máis de 2 000 traballadores.[1]
A compañía produciu principalmente avións para mercados nicho, en particular avións de engalaxe e aterraxe curtas (STOL) e avións militares de adestramento. Durante os anos 50 e 60 Pilatus desenvolveu un transporte civil lixeiro STOL, o PC-6 Porter. En 1973 decidiu reiniciar os traballos do programa PC-7, e o avión entrou en produción como o PC-7 Turbo Trainer. En 1979 Pilatus mercou Britten-Norman, fabricante dos Britten-Norman Islander e Britten-Norman Defender. Nos anos 80 a compañía desenvolveu o PC-9, un derivado mellorado do PC-7.
Durante os anos 90 Pilatus abriuse a un mercado civil máis amplo coa introdución do PC-12, un avión turbohélice monomotor do cal fabricou máis de 1 700 unidades. Nos anos 2000 introduciu un novo membro da súa familia de adestradores militares, o turbohélice PC-21. Nos anos 2010 a compañía desenvolveu o PC-24, un reactor bimotor STOL capaz de operar dende pistas non pavimentadas.