Denomínase pinacoteca o museo que contén un acervo de pinturas. A orixe desta palabra, que significa «sala que contén unha colección de cadros», é a palabra latina "pinacotheca", derivada do grego antigo "pinacothêkê" : pinax+ akos, é dicir, cadro e caixa (thêké).