Pinga respiratoria

Algunhas enfermidades infecciosas poden transmitirse a través de pinguiñas de Flügge expulsadas pola boca e o nariz.

Unha pinga respiratoria ou pinga de Flügge é unha partícula formada principalmente por auga que sae do nariz ou a boca, xeralmente definida como dun diámetro maior de 5 microns (μm), que é suficientemente grande como para caer ao chan rapidamente despois de ser emitida e pode lanzarse a uns poucos metros de distancia. Denomínanse pingas de Flügge porque a súa existencia e importancia foi demostrada na década de 1890 polo bacteriólogo e hixienista alemán Carl Flügge. As pingas respiratorias poden producirse de forma natural ao tusir, espirrar, falar, respirar ou vomitar, ou poden xerarse artificialmente durante certos procedementos médicos que xeran aerosois, chorros de cisternas ou outras actividades domésticas. En realidade, o tamaño das pingas así xeradas vai de < 5 µm a 1000 µm, e aínda que adoita distinguirse entre as pingas de Flügge grandes e as pequenas, denominadas aerosois, que poden permanecer suspendidas no aire moito tempo, o límite de tamaño entre ambas é arbitrario e non está apoiado de maneira experimental ou teórica.[1]

As pingas respiratorias grandes caen rapidamente ao chan, pero poden caer sobre superficies que unha persoa toca, e a continuación a persoa toca a súa cara. Deste modo, poden ser un vector de enfermidades infecciosas transmitidas polo aire, cando transportan virus ou bacterias. Poden transmitir doenzas como o sarampelo, a roséola, a varicela, a parotidite, a gripe, a COVID-19 ou a tuberculose, entre outras.

  1. Wilson, Nick; Corbett, Stephen; Tovey, Euan (2020). "Airborne transmission of Covid-19". BMJ: m3206. ISSN 1756-1833. doi:10.1136/bmj.m3206. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne