Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Rexión | Rexión Centro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.617 km² | ||||
Código NUTS | PT164 | ||||
Pinhal Interior Norte é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os concellos que a conforman pertencen aos distritos de Coímbra e Leiria. Limita ao norte coa subrexión de Dão-Lafões, ao leste coas de Serra da Estrela e Cova da Beira, ao sur coas de Pinhal Interior Sul e Médio Tejo, e ao oeste coas de Pinhal Litoral e Baixo Mondego. Ten unha extensión de 2.617 km² e unha poboación de 131.371 habitantes (2011[1]).