Pediculus humanus humanus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||
Pediculus humanus humanus Linnaeus, 1758 |
O piollo do corpo humano, que pertence á subespecie Pediculus humanus humanus (tamén chamada Pediculus humanus corporis),[1] é un piollo (insecto da orde Phthiraptera ou Psocodea) que infesta aos humanos e vive no seu corpo. Tamén se lle chama ás veces piollo da roupa. A infestación por piollos (piollos da cabeza, o do corpo ou o pubiano) chámase en xeral pediculose e a infestación polo piollo do corpo denomínase pediculose do corpo ou pediculosis corporis. A secuencia do xenoma do piollo do corpo foi publicada en 2010.[2][3] A diferenza do piollo da cabeza, que é inofensivo, o piollo do corpo pode transmitir efermidades infecciosas (de orixe bacteriana) como o tifo exantemático, (causado por Rickettsia prowazekii) febre das trincheiras (por Bartonella quintana) e febres recorrentes (por Borrelia recurrentis).