Piper | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Alan Barillaro |
Música | Adrian Belew |
Estudio | Pixar Animation Studios Walt Disney Pictures |
Distribuidora | Walt Disney Studios Motion Pictures |
Estrea | 17 de xuño de 2016, con Finding Dory |
Duración | 6 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Animación |
Na rede | |
https://www.pixar.com/piper | |
![]() ![]() ![]() |
Piper é unha curtametraxe de animación por ordenador producida por Pixar Animation Studios e estreada no 2016. Dirixida por Alan Barillaro, foi emitido nos cines xunto co filme de Pixar Finding Dory o 17 de xuño de 2016.[1] Na 89ª edición dos Oscar gañou o premio á mellor curtametraxe animada.
A curta conta a historia dunha famenta cría de ave escolopácida que aprende a superar a súa acuafobia. A inspiración da curta xurdiu a menos dunha milla dos Estudios Pixar en Emeryville, California, onde o veterano animador de Pixar e o director de Piper, Alan Barillaro, observaron o comportamento destas aves na costa e como buscaban o seu alimento entre as ondas.[1]